1. Introducir os empregados públicos con responsabilidades directivas e semidirectivas nas técnicas de xestión e de habilidades directivas necesarias para liderar equipos de traballo de alta dirección pública, desenvolvendo as competencias directivas e semidirectivas innovadoras (análise,interpretación, participación, proxecto, grupo de traballo e márketing interno) e aprendendo a pór en marcha equipos de traballo integrados e cooperativos.
2. Facilitar espazos de aprendizaxe e de intercambio global de experiencias entre os participantes nos cursos, e entre estes e outros grupos directivos da Administración autonómica e da dministración xeral do Estado cos que colaboren en proxectos intergobernamentais.
3. Resolver problemas estratéxicos de cada participante, orientando a aprendizaxe cara á innovación organizativa e a gobernación multinivel en que están inseridas as diferentes organizacións públicas que compoñen a Xunta de Galicia.
4. Procurar unha cultura mixta de acción pública,é dicir, baseada no entendemento entre as iferentes administracións públicas (autonómica, local e universitaria) e que pola súa vez non sexa allea ás iniciativas da sociedade civil que comparten actitudes privadas e públicas
DR07DX2001SA |