Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
CV22089 - Módulo V. Novo procedemento administrativo e contratación pública.

De acordo co establecido na base sexta, ordinal 6º, da convocatoria do Curso superior de técnico de urbanismo 2022/23 (DOG núm. 240, do 16 de decembro de 2021): No caso de dispoñer de prazas vacantes abrirase un prazo adicional de solicitudes só para os módulos optativos.

O obxectivo deste bloque é que os alumnos poidan adquirir os coñecementos necesarios en relación á normativa que regula os procedementos e a contratación nas administracións públicas.

Este módulo articúlase en dous bloques:

BLOQUE 1: PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO
Neste primeiro bloque, analizaranse e estudarán as reformas do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento
administrativo común operadas polas leis 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas,
e 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público.
O obxectivo é que os alumnos coñezan as principais novidades que achegan estas leis e a súa incidencia, entre outros, na organización
e o funcionamento da Administración, o réxime xurídico dos convenios, a responsabilidade patrimonial das administracións públ icas, os
recursos administrativos, a tramitación electrónica dos procedementos e os dereitos das persoas nas súas relacións coa Administración.


BLOQUE 2: CONTRATACIÓN ADMINISTRATIVA NO SECTOR PÚBLICO
Ao longo deste bloque, analizaranse e estudarán as reformas da Contratación administrativa no sector público operada pola lei 9/2017, de 8 de novembro pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014.
A Lei de Contratos do Sector Público incorpora ao noso ordenamento xurídico a lexislación comunitaria adoptada nos últimos anos no proceso de revisión e modernización das vixentes normas sobre contratación pública, que permitan incrementar a eficiencia do gasto público e facilitar, en particular, a participación das pequenas e medianas empresas (PEMES) na contratación pública, así como permitir que os poderes públicos empreguen a contratación en apoio de obxectivos sociais comúns.
O obxectivo é que os alumnos coñezan os aspectos fundamentais desta regulación e a súa incidencia na contratación pública, especialmente no referente aos procesos de contratación vinculados ao urbanismo e a edificación e usos do chan.
Ademais, estudaranse os procesos de xestión e control para a adxudicación de axudas públicas e subvencións, tanto no ámbito municipal como desde a Administración Autonómica.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Datos Técnicos do curso
Grupo: Servizo de Estudos, Investigación e Publicacións - Convenios
Area: Réxime xurídico e xestión das entidades locais
Calificacion: Aproveitamento
Plan: Convenio
Administracion: AU|LO|UN|ES|CI|XU
Horas: 32
Estado: Producción
Mod.imparticion: Presencial
Tipoloxia: Específico
Data inicio matricula: 04/11/2022 - 10:00h
Data Fin matricula: 08/11/2022 - 23:55h
Responsable: OLIETE TRILLO, PAULA - paula.oliete.trilloarrobaxunta.gal
1 Edicións
SANTIAGO
Localidade
Santiago de Compostela
Inicio
10/11/2022
Fin
01/12/2022
Data exame
N/D
Prazas
25
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212