Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
CV22090 - Módulo VI. Intervención administrativa e disciplina urbanística. A regulación, xestión e planificación adaptativa da costa

De acordo co establecido na base sexta, ordinal 6º, da convocatoria do Curso superior de técnico de urbanismo 2022/23 (DOG núm. 240, do 16 de decembro de 2021): No caso de dispoñer de prazas vacantes abrirase un prazo adicional de solicitudes só para os módulos optativos.

O obxectivo deste módulo é que o alumnado poida adquirir os coñecementos necesarios en relación ás intervencións no ámbito costeiro.

Proporcionarase ao alumnado unha formación especializada, sobre a regulación da costa en España, a súa configuración e réxime de
usos, obras permitidas e prohibidas, así como os mecanismos administrativos de control sobre a ocupación e o uso da costa. Ao mesmo tempo exporanse supostos de éxito na planificación e implementación de proxectos na zona do litoral, así como os efectos do cambio climático sobre a costa e a poboación.

Este módulo articúlase en dous bloques temáticos:

BLOQUE 1: O MARCO LEGAL
Neste primeiro bloque, analizarase e estudará o réxime xurídico establecido pola Lei 22/1988, do 28 de xullo, de Costas, así como a Real Decreto Lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Portos do Estado e da Mariña Mercante.
Exporase, desde un punto de vista eminentemente práctico, a configuración da costa coas súas afeccións e servidumes, o seu réxime de utilización con especial referencia ás concesións e o seu peculiar réxime. Estudarase e analizará o peculiar réxime deseñado pola Lei de Costas que resulta alleo a moitos operadores urbanísticos e en ocasións moi diferente ao réxime urbanístico, co que debe convivir.
Neste primeiro bloque analizarase tamén o Plan de Ordenación do Litoral, coas afeccións que xera, así como o control ambiental de obras e proxectos con incidencia sobre a costa.

BLOQUE 2: CAMBIO CLIMÁTICO. A PLANIFICACIÓN E O DESEÑO ADAPTATIVO DAS ZONAS COSTEIRAS.
O cambio climático ten como consecuencia directa a degradación da costa. Os efectos deste proceso (subida do nivel dos océanos, aceleración da erosión da costa, etc.) xa son visibles e irán en aumento nos próximos anos, transformando de maneira substancial tanto os bordos litorais como as zonas situadas no seu ámbito de influencia.

Por iso, resulta esencial contar con ferramentas que permitan un deseño e planificación resiliente das zonas litorais e que posibiliten a súa adaptación ás transformacións que terán lugar como consecuencia do cambio climático.

Neste segundo bloque temático do curso, analizaranse exemplos reais e, a través deles, identificaranse os aspectos crave, os factores de vulnerabilidade, riscos e estratexias de intervención para a mitigación de danos neste proceso adaptativo da costa.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Datos Técnicos do curso
Grupo: Servizo de Estudos, Investigación e Publicacións - Convenios
Area: Réxime xurídico e xestión das entidades locais
Calificacion: Aproveitamento
Plan: Convenio
Administracion: AU|LO|UN|ES|CI|XU
Horas: 32
Estado: Producción
Mod.imparticion: Presencial
Tipoloxia: Específico
Data inicio matricula: 04/11/2022 - 10:00h
Data Fin matricula: 01/12/2022 - 23:55h
Responsable: OLIETE TRILLO, PAULA - paula.oliete.trilloarrobaxunta.gal
1 Edicións
SANTIAGO
Localidade
Santiago de Compostela
Inicio
05/12/2022
Fin
19/12/2022
Data exame
N/D
Prazas
25
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212