IMPORTANTE:
• O número de actividades de formación continua en materia de idiomas limítase a tres (3).
• A proba de nivel realizarase con anterioridade ao comezo da actividade para os efectos de seleccionar grupo o máis homoxéneo posible.
• As persoas preseleccionadas recibirán un correo electrónico indicando día, hora e lugar que se estableza para cada modalidade. De recibir este aviso e non quere presentarse á proba de nivel nin realizar o curso solicítase remítanos comunicación de que desiste da súa solicitude.
• Non se pode solicitar o mesmo nivel cursado na anterior convocatoria.
- Aprendizaxe de recursos lingüisticos en inglés que permitan atender adecuadamente de forma presencial aos cidadáns estranxeiros que vaian informarse ou realizar algunha xestión nun organismo público.
- Aprendizaxe de recursos lingüisticos en inglés que permitan redactar un correo electrónico ou escrito para dar resposta a consultas suscitadas por cidadáns estranxeiros nun organismo público.
- Aprendizaxe de recursos lingüísticos en inglés que permitan comunicarse adecuadamente por teléfono co fin de dar indicacións, organizar citas e xestionar queixas que susciten por esta canle os cidadáns estranxeiros.
TELEPRESENZA1 |