IMPORTANTE:
• O número de actividades de formación continua en materia de idiomas limítase a tres (3).
• A proba de nivel realizarase con anterioridade ao comezo da actividade para os efectos de seleccionar grupo o máis homoxéneo posible.
• As persoas preseleccionadas recibirán un correo electrónico indicando día, hora e lugar que se estableza para cada modalidade. De recibir este aviso e non quere presentarse á proba de nivel nin realizar o curso solicítase remítanos comunicación de que desiste da súa solicitude.
• Non se pode solicitar o mesmo nivel cursado na anterior convocatoria.
Introducir ós alumnos ás ferramentas lingüísticas necesarias para comunicarse e traballar en inglés de forma efectiva nun contexto profesional do ámbito da administración pública e as políticas públicas. O curso busca o desenvolvemento das catro destrezas lingüísticas (lectura, compresión auditiva, comunicación oral e comunicación escrita), cun énfasis no inglés utilizado no ámbito administrativo e legal europeo, e principalmente na Unión Europea.
MIXTO1 |