O obxectivo desta actividade é que os alumnos poidan adquirir os coñecementos necesarios en relación á normativa que regula os procedementos e a contratación nas administracións públicas. Articúlase en dous bloques:
BLOQUE 1: PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO.
Neste primeiro bloque, analizaranse e estudarán as reformas do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común operadas polas leis 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público.
O obxectivo é que o alumnado coñeza as principais novidades que achegan estas leis e a súa incidencia, entre outros, na organización e o funcionamento da Administración, o réxime xurídico dos convenios, a responsabilidade patrimonial das administracións públicas, os recursos administrativos, a tramitación electrónica dos procedementos e os dereitos das persoas nas súas relacións coa Administración.
BLOQUE 2: CONTRATACIÓN ADMINISTRATIVA NO SECTOR PÚBLICO
Ao longo deste bloque, analizaranse e estudaranse as reformas da Contratación administrativa no sector público operada pola lei 9/2017, do 8 de novembro polo que se transponen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014.
A Lei de Contratos do Sector Público incorpora ao noso ordenamento xurídico a lexislación comunitaria adoptada nos últimos anos no proceso de revisión e modernización das vixentes normas sobre contratación pública, que permitan incrementar a eficiencia do gasto público e facilitar, en particular, a participación das pequenas e medianas empresas (PEMES) na contratación pública, así como permitir que os poderes públicos empreguen a contratación en apoio de obxectivos sociais comúns.
O obxectivo é que os alumnos coñezan os aspectos fundamentais desta regulación e a súa incidencia na contratación pública, especialmente no referente aos procesos de contratación vinculados ao urbanismo e a edificación e usos do chan. Ademais, estudaranse os procesos de xestión e control para a adxudicación de axudas públicas e subvencións, tanto no ámbito municipal como desde a Administración autonómica.
SANTIAGO |