Obxectivo xeneral
Capacitar a profesionais do Traballo Social para elaborar informes técnicos rigorosos e axustados ao procedemento sancionador, desde unha perspectiva profesional, ética e xurídica, contribuíndo a garantir os dereitos das persoas implicadas e a correcta toma de decisións administrativas.
Obxectivos específicos
1. Coñecer o marco normativo dos expedientes sancionadores no contexto administrativo.
2. Comprender o papel e os límites do Traballo Social dentro dos procedementos sancionadores.
3. Identificar as fases do expediente sancionador e os momentos clave para a intervención social.
4. Adquirir competencias para a redacción de informes técnicos e sociais vinculados a sancións.
5. Analizar casos prácticos e aplicar criterios éticos e legais na elaboración de informes.
6. Mellorar a capacidade argumentativa e documental do profesional de Traballo Social ante procedementos xurídicos-administrativos.
| TELEPRESENZA |