As persoas que traballan no Servizo de Atención no Fogar (SAF) teñen unha relación privilexiada cos membros das familias que coidan: acceden ao seo desas relacións familiares e, por tanto, teñen acceso a información que doutra maneira resultaría moi difícil ou imposible conseguir. Poden, por tanto, converterse en aliadas estratéxicas nas loitas contra as violencias.
Para que iso ocorra, deberemos capacitar adecuadamente a esas persoas. Deben formarse en entender como son os ciclos das distintas violencias, como se reproducen os mitos que camuflan esas violencias e deben, tamén, ser conscientes do importante papel que elas poden xogar na loita.
| T01 |