Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
PU09003 - Responsabilidade patrimonial das administracións públicas

Análise da normativa sobre a responsabilidade patrimonial, dos procedementos administrativos para a súa efectividade, das súas diferentes dimensións (polo funcionamento anormal do servizo público, de autoridades e persoal ao servizo das administracións, do estado lexislador, por actos de concesionarios e contratistas ...).
Análise práctico dos diferentes supostos, partindo dos mais recentes pronunciamentos xurisprudenciais na materia e estudo de criterios específicos de órganos consultivos: Consello de Estado e Consello Consultivo de Galicia.
A materia presenta especial interés científico e técnico para aqueles funcionarios que tramiten calquer tipo de expediente relativo a esixencia de responsabilidade patrimonial perante o órgano ou dependencia na que prestan servizos.
Todos os órganos administrativos están suxeitos a eventual esixencia de responsabilidade patrimonial por parte dos cidadáns, calquera que sexa o servizo público que presten: por actos materiais, polo exercicio ordinario das súas competencias, por retrasos na prestación do servizo, por actos lexislativos, por actos de funcionarios.
O coñecemento desta materia redunda no mellor exercicio profesional da súa función na medida en que a materia presenta múltiples dimensións, na medida en que absolutamente todos os servizos públicos e polo tanto todas as actuacións, incluídas as puramente materiais ou de xestión están suxeitas a eventual esixencia de responsabilidade patrimonial.
Por outra banda, a regulación do no procedemento de esixencia de responsabilidade patrimonial existen múltiples aspectos non resoltos na normativa tales como as causas e prazos de prescrición, a caducidade, a lexitimación, a función dos órganos consultivos, a cuantificación dos danos, o concepto de nexo causal, os propios requisitos para apreciar un funcionamento anormal dun servizo, o caso fortuíto ou forza maior… e que dan lugar a unha intensa actividade xurisprudencial de interpretación e integración das leis que necesariamente teñen que coñecer aqueles funcionarios que ordinaria ou eventualmente participan na tramitación deste tipo de expedientes. Asi mesmo, é unha materia de gran interese xurídico e doctrinal.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Datos Técnicos do curso
Grupo: Servizo de Estudos, Investigación e Publicacións
Area: Históricos EGAP
Calificacion: Asistencia
Plan: Homologado
Administracion: AUTONÓMICA
Horas: 27
Estado: Producción
Mod.imparticion: Presencial
Tipoloxia: Xeral
Data inicio matricula: 07/01/2009 - 00:00h
Data Fin matricula: 19/01/2009 - 23:59h
Responsable: N/D
1 Edicións
SANTIAGO
Localidade
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Inicio
26/01/2009
Fin
05/02/2009
Data exame
N/D
Prazas
25
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212