O curso pretende que os alumnos adquiran os coñecementos teórico-prácticos e habilidades que lles capaciten para actuar no mundo da ordenación do territorio e do urbanismo e responsabilizarse dos procesos de xestión do solo. A tal efecto partirase da análise e do estudo pormenorizado da normativa de ordenación do territorio e urbanística, con especial atención á autonómica galega, combinando o estudo dos fundamentos teóricos cunha completa formación práctica que se fai imprescindible no ámbito da ordenación do territorio e do urbanismo.
SANTIAGO |
Inauguración do Curso superior de Técnico de Ubanismo.
Conferencia inaugural de Tomás Ramón Fernández, catedrático emérito da Universidade Complutense de Madrid.
A evolución histórica do Dereito urbanístico
Juan Ramón Fernández Torres, catedrático da Universidade Complutense de Madrid