- Coñecer a sistemática da Lei de Contratos do Sector Público, delimitando o ámbito subxectivo e obxectivo da Lei.
- Comprender todos os aspectos procedementais, dende a preparación do contrato ata a extinción deste, prestando especial atención aos requisitos que deben concorrer nas dúas partes dun contrato administrativo.
- Actualizar os coñecementos dos participantes relacionados coa solvencia e a clasificación contractual.
- Instruír os participantes no procedemento a través do cal se xera o expediente de contratación e estudo dos documentos básicos que o integran.
- Comprender os procedementos de selección do contratista por parte da administración e identificar as singularidades en materia de execución respecto á contratación administrativa.
- Instruír os participantes no réxime de revisión de prezos en contratación administrativa.
- Estudo tanto das formas en que se produce a extinción dos contratos, coma das causas de nulabilidade e anulabilidade dos contratos.
- Identificar as peculiaridades dos contratos administrativos de obra, subministración e servizos.
T01 |