Aprender a crear e compoñer contidos dixitais usando as funcionalidades básicas do procesador de texto, as follas de cálculo e outros programas de creación de contidos. Coñecer os dereitos de autor e aplicar as licenzas de uso dos recursos gráficos e outros elementos para utilizar. Coñecer nocións básicas de programación como un modo máis de expresión no contexto dixital.
Este curso forma parte do itinerario formativo “ComDix Iniciación”, composto por un total de 6 cursos (máis un curso inicial en autoformación). Unha vez completado con éxito o itinerario formativo completo, a persoa poderá acreditar que ten as competencias necesarias para que, de oficio, lle sexa emitido o Certificado galego en competencias dixitais ComDix no seu nivel iniciación.
T01 |