Valoración
Para os efectos do establecido na Resolución do INAP do 25 de xaneiro de 2022 (BOE núm. 26, do 31 de xaneiro de 2022), pola que se establecen os criterios de recoñecemento e valoración de cursos de formación e perfeccionamento a efectos do baremo de méritos xerais do persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional, a este curso outorgaráselle unha puntuación de 0,40 puntos.
Para os efectos do establecido no Decreto 49/2009, do 26 de febreiro (DOG núm. 52, do 16 de marzo, e corrección DOG núm. 77, do 22 de abril) sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto do persoal funcionario con habilitación de carácter estatal, a este curso outorgaráselle unha puntuación de 0,30 puntos.
Este curso ten como obxectivo a formación práctica nos supostos indemnizatorios por razóns urbanísticas, comprendendo todas aquelas actuacións nas que as AAPP deberán indemnizar -ou non- aos particulares por actos e disposicións en materia urbanística, e en definitiva polo exercicio das súas competencias nesta materia.
A materia presenta especial interese científico e técnico para aquel persoal funcionario que preste servizos nos departamentos de Urbanismo, Obras Públicas, Infraestruturas ou nos servizos de instrucción e tramitación de reclamacións de responabilidade patrimonial.
A formación será esencialmente práctica, e consisitirá no análise de cada suposto indemnizatorio contemplado na lei, e os requisitos que deben darse para apreciar a existencia de responsabilidade de acordo coa normativa aplicable e a xurisprudencia que a desenvolve.
O coñecemento desta materia redunda no mellor exercicio da profesión.
| T01 |