Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
CV26006 - A revisión en vía administrativa de títulos habilitantes de natureza urbanística.

Valoración
Para os efectos do establecido na Resolución do INAP do 25 de xaneiro de 2022 (BOE núm. 26, do 31 de xaneiro de 2022), pola que se establecen os criterios de recoñecemento e valoración de cursos de formación e perfeccionamento a efectos do baremo de méritos xerais do persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional, a este curso outorgaráselle unha puntuación de 0,40 puntos.
Para os efectos do establecido no Decreto 49/2009, do 26 de febreiro (DOG núm. 52, do 16 de marzo, e corrección DOG núm. 77, do 22 de abril) sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto do persoal funcionario con habilitación de carácter estatal, a este curso outorgaráselle unha puntuación de 0,30 puntos.
Este curso ten como obxectivo a formación práctica revisión de títulos administrativos habilitantes en vía administrativa.
A materia presenta especial interese científico e técnico para aquel persoal funcionario que preste servizos nos departamentos de Urbanismo, ou nos servizos de instrucción e tramitación de recursos reclamación.
A formación será esencialmente práctica, e consisitirá no análise de cada mecanismo de impugnación contemplado na lei, e os requisitos que deben darse para apreciar a existencia de responsabilidade de acordo coa normativa aplicable e a xurisprudencia que a desenvolve.
O coñecemento desta materia redunda no mellor exercicio da profesión.
Neste curso realízase unha análise práctica dos diferentes supostos, partindo dos máis recentes pronunciamentos xurisprudenciais na materia e estudo de criterios específicos de órganos consultivos: Consello de Estado e Consello Consultivo de Galicia.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Datos Técnicos do curso
Grupo: Cursos Convenios
Area: Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades
Calificacion: Aproveitamento
Plan: Convenio
Horas: 24
Estado: Convocado
Administracion: AU|LO
Mod.imparticion: Teleformación
Tipoloxia: Xeral
Data inicio matricula: 05/02/2026 - 09:00h
Data fin matricula: 11/02/2026 - 14:00h
1 Edicións
T01
Localidade
TELEFORMACIÓN
Inicio
09/04/2026
Fin
03/05/2026
Data exame
07/05/2026 - 17:00h
Prazas
50
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212