Este curso ten como obxectivo a formación práctica nos diferentes casos, xurisdicións e lexislación, regulando calquera posible responsabilidade de todo tipo de empregados públicos.
A materia presenta interese científico e técnico a todos os empregados públicos, pero especialmente para os que traballan en servizos de persoal, réxime interior, inspección de servizos, ou realizan funcións de tramitación de expedientes disciplinarios en materia de persoal.
A formación será esencialmente práctica, e consistirá no análise de cada tipo de responsabilidade, a xurisdición competente para o seu eventual declaración, a normativa aplicable e a xurisprudencia que a desenvolve. O coñecemento desta materia redunda no mellor exercicio das súa función para o persoal destinatario.
Neste curso realízase unha análise práctica dos diferentes supostos, partindo dos máis recentes pronunciamentos xurisprudenciais na materia e estudo de criterios específicos de órganos consultivos: Consello de Estado e Consello Consultivo de Galicia.
T01 |