Este curso ofrece unha presentación detallada da metodoloxía e o software necesario para a modelización e o axuste estacional de series de moi alta frecuencia (diaria e semanal).
O curso comprende tanto o desenvolvemento teórico da metodoloxía en dúas etapas (pre-procesamento e modelización estocástica), incluíndo exemplos de ambas, como un exercicio práctico detallado utilizando datos diarios da economía española e galega. Dentro das aplicacións, presentarase especial atención á súa implementación informática na linguaxe de programación R e a modelización de efectos anómalos, en particular os asociados co impacto da Covid-19.
TELEPRESENZA |