IMPORTANTE:
• O número de actividades de formación continua en materia de idiomas limítase a tres (3).
• Se tes dúbidas sobre o nivel existe unha proba de nivel orientativa nos idiomas: en lingua inglesa, lingua francesa, lingua alemá e lingua portuguesa no enderezo https://egap.xunta.gal/aulavirtual/
• Na modalidade de teleformación só se pode matricular nun nivel de cada idioma ofertado.
• Se se detecta máis dun nivel solicitado en cada idioma na modalidade de teleformación acéptaselle no nivel máis baixo e exclúeselle no/os outros niveis.
• Non se pode solicitar o mesmo nivel cursado na anterior convocatoria.
Os contidos do nivel 6 Intermediate Plus de MyEnglish corresponden á segunda parte do nivel B1 do MCERL. Entre outras funcións comunicativas, o estudante / a estudante aprende a falar de posibilidades futuras, a expresar problemas e aconsellar a alguén, a describir habilidades, e a participar nunha entrevista de traballo.
O alumno / a alumna aprende, entre outras cousas, e a través de distintas situacións e personaxes, a expresarse en condicional (‘If I ran every day, I’d feel healthier’), adxectivos e adverbios de probabilidade (sure, certain, definitely, etc.), o uso dos verbos tell e say e estruturas de infinitivo. Tamén estuda vocabulario relacionado con tarefas domésticas, matemáticas, aeroportos, asuntos xurídicos, sentimentos, expresións con do e make, e moitos máis contidos.
NIVEL6 |