IMPORTANTE:
• O número de actividades de formación continua en materia de idiomas limítase a tres (3).
• Se tes dúbidas sobre o nivel existe unha proba de nivel orientativa nos idiomas: en lingua inglesa, lingua francesa, lingua alemá e lingua portuguesa no enderezo https://egap.xunta.gal/aulavirtual/
• Na modalidade de teleformación só se pode matricular nun nivel de cada idioma ofertado.
• Se se detecta máis dun nivel solicitado en cada idioma na modalidade de teleformación acéptaselle no nivel máis baixo e exclúeselle no/os outros niveis.
• Non se pode solicitar o mesmo nivel cursado na anterior convocatoria.
Os contidos do nivel 9 Advanced de MyEnglish corresponden á primeira parte do nivel B2 do MCERL. Entre outras funcións, o estudante / a estudante aprende a describir situacións hipotéticas, a falar sobre os seus hábitos e costumes, a compadecerse de alguén, e a expresar o seu punto de vista.
O alumno / a alumna aprende, entre moitas outras cousas, e a través de distintas situacións e personaxes, a expresarse en future continuous (‘We’ll be skiing next week’), en past perfect continuous (‘They’ve been working hard all day’), a expresar capacidade e obrigación en futuro e en present perfect, os tempos continuos e o infinitivo en pasiva (‘We can be contacted by mail’). Tamén aprende vocabulario relacionado con tecnoloxía, trazos faciais, fotografía, xeografía, arte, phrasal verbs, expresións con have, e moitos máis contidos.
NIVEL9 |