Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
PU20029 - Curso monográfico A Lei de contratos do sector público para os poderes adxudicadores non Administración pública (PANAP)

O 9 de novembro de 2017 publicouse no BOE a Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014.

Ademais da transposición das citadas directivas, a lei establece un novo marco regulador do sistema de contratación pública, con vocación de ser máis eficiente, transparente e íntegro, e mellorar as condicións de acceso ao devandito sistema facilitando, en particular, a participación das PEMES.

Coa realización deste curso perséguense os obxectivos de propiciar o debate ao redor daqueles aspectos máis relevantes desde o punto de vista xurídico e da xestión introducidas polas últimas novidades lexislativas en materia de contratación pública que afectan aos PANAP (poderes adxudicadores non Administración pública), e achegar unha formación de carácter práctico sobre os sistemas e plataformas electrónicas para a tramitación dos procedementos de contratación no ámbito autonómico.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Datos Técnicos do curso
Grupo: Servizo de Estudos, Investigación e Publicacións
Area: Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas
Calificacion: Asistencia
Plan: Fondos EGAP
Administracion: AU|CI
Horas: 12
Estado: Producción
Mod.imparticion: Mixta
Tipoloxia: C.Monográfico
Data inicio matricula: 08/12/2020 - 08:00h
Data Fin matricula: 10/12/2020 - 23:55h
Responsable: OLIETE TRILLO, PAULA - paula.oliete.trilloarrobaxunta.gal
1 Edicións
TELEPRESENZA
Localidade
Santiago de Compostela
Inicio
14/12/2020
Fin
17/12/2020
Data exame
N/D
Prazas
29
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212