De acordo coa Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, as competencias exerceranas aqueles órganos que as teñan atribuídas como propias.
Con todo, esta mesma norma prevé, ao mesmo tempo, a posibilidade de acudir a técnicas de modulación competencial co fin de axilizar o funcionamento da Administración, incrementar a eficacia da súa actuación ou achegar a xestión pública á cidadanía. Estas figuras, que permiten flexibilizar este principio de irrenunciabilidade da competencia, son: a desconcentración, a delegación interorgánica, a avocación, a encomenda de xestión, a delegación de sinatura e a suplencia.
Poden destacarse como obxectivos xerais do curso os seguintes:
• Estudo dos elementos que integran a competencia administrativa.
• Análise das distintas figuras de modulación competencial e o seu réxime xurídico.
• Exame dos vicios que poden afectar o acto, derivados dun defecto competencial, e as súas consecuencias.
Como obxectivo específico estudaranse situacións concretas que pode xerar a actividade administrativa cotiá e que poden facer conveniente o uso destas técnicas, en especial, a delegación e a suplencia.
SANTIAGO |