O curso pretende ofrecer unha visión xurídica, ampla e xeral dos dereitos dos que goza a cidadanía nas súas relacións coa Administración, así como das súas obrigas. Para iso, tomarase como base a Lei 39/2015, e teránse en conta os últimos pronunciamentos doctrinais e xurisprudenciais na materia.
Particularmente, prestaráse atención á evolución destes dereitos tras a pandemia provocada polo COVID-19, e afondarase nos novos retos aos que se enfronta a Administración pública, como as esixencias do modelo de goberno aberto, a particular situación de determinados colectivos vulnerables e a introdución no seu seo da intelixencia artificial.
T01 |