Facilitar a comprensión de aspectos como a sustentabilidade, o fenómeno do cambio climático e as principais ameazas medioambientais, así como, a resposta por parte das administracións públicas, destacando en particular a Axenda 2030. Non só dando a coñecer os principais conceptos en materia de sustentabilidade ambiental, se non tamén facendo especial mención ao desenvolvemento normativo e ás competencias da Administración nestas áreas.
Integrar a formación e a educación medioambiental como política global preventiva e fomentar o respecto polo medio ambiente como medio para contribuír a mellorar a calidade de vida. Ademais de identificar as accións que no desempeño laboral poden ter unha repercusión medioambiental e saber aplicar as recomendacións que contribúen a un desempeño laboral acorde co medio ambiente, resaltando como importante ferramenta a contratación pública ecolóxica (CPE).
T01 |