O Curso superior en protección de datos pretende afondar no coñecemento desta materia, tanto desde unha perspectiva técnico-xurídica como desde unha perspectiva práctica, de xeito que poden destacarse como principais obxectivos do curso os seguintes:
• Concienciar o alumnado na relevancia e importancia do dereito fundamental á protección de datos persoais desde unha perspectiva normativa e práctica, dotándoo de coñecementos e boas prácticas para dar cumprimento aos principios e obrigas establecidos pola normativa vixente, respectar os dereitos das persoas interesadas polo tratamento dos seus datos persoais e xestionar adecuadamente posibles incidencias que poidan xurdir nas distintas fases do devandito tratamento.
• Abordar os principios básicos de seguridade e as medidas que cómpre implantar nos sistemas de información desde a perspectiva do risco e con base no disposto no Regulamento xeral de protección de datos (RXPD) e no Esquema nacional de seguridade (ENS).
• Proporcionarlle ao alumnado unha visión global da protección de datos persoais, das funcións e responsabilidades correspondentes aos diferentes roles que interveñen no tratamento dos datos persoais e do papel que desenvolven as autoridades de control como a Axencia Española de Protección de Datos.
TELEPRESENZA |