O curso superior en auditoría no sector público ten como obxectivo afondar no coñecemento, dende unha perspectiva aplicada, dunha das principais técnicas de control da xestión pública. En particular, preténdese proporcionar os instrumentos necesarios para desenvolver auditorías eficaces nas administracións. Para tal fin, analizarase todo o proceso dunha auditoría dende a súa planificación ata a execución do traballo e a elaboración de informes, a difusión dos seus resultados e o seguemento de recomendacións.
Así mesmo preténdese ofrecer ao alumnado unha visión dos distintos tipos de auditorías e as especificidades da súa aplicación nas distintas áreas de xestión
SANTIAGO |