O curso ten como finalidade que o alumnado adquira os coñecementos teórico-prácticos e habilidades que lles capaciten para actuar no mundo da ordenación do territorio e do urbanismo e responsabilizarse dos procesos de xestión do chan. Para ese efecto partirase da análise e do estudo pormenorizado da normativa de ordenación do territorio e urbanística, con especial atención á autonómica galega, combinando o estudo dos fundamentos teóricos cunha completa formación práctica que se fai imprescindible neste ámbito.
SANTIAGO |