Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
CV18036 - A fiscalización e a nova Lei de contratos do sector público
Imaxe Curso/Xornada

O pasado 9 de novembro publicouse no BOE a Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014.

Ademais de acometer a transposición das citadas directivas, a lei establece un novo marco regulador do sistema de contratación pública, con vocación de ser máis eficiente, transparente e íntegro, e mellorar as condicións de acceso ao devandito sistema facilitando, en particular, a participación das pemes.

Coa celebración deste curso os obxectivos perseguidos son tanto a análise das principais novidades introducidas pola lei como propiciar o debate ao redor daqueles aspectos máis innovadores desde o punto de vista xurídico e da xestión pública, enfocado fundamentalmente a fortalecer coñecementos previos dirixidos á actividade de auditoría e control económico – financeiro do sector público, tanto no que se refire ao control do cumprimento normativo como dos principios de economía, eficacia e eficiencia.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Edicións
SANTIAGO
Localidade
Santiago de Compostela
Inicio
17/09/2018
Fin
12/11/2018
Prazas
80
Programa
Inauguración do Curso superior A fiscalización e a nova Lei de contratos do sector público
Luns, 17 de Setembro de 2018.
Inauguración do Curso superior A fiscalización e a nova Lei de contratos do sector público
  •  
    •   Video
    •   Audio

Novidades que fomentan unha maior transparencia
Luns, 17 de Setembro de 2018.
Novidades que fomentan unha maior transparencia

Concepción Campos Acuña, secretaria de Goberno Local do Concello de Vigo
  •  
    •   Video
    •   Audio
    •   Present

Prácticas colusorias. Obrigas de comunicación e mecanismos de detección destas prácticas. Exemplos.
Luns, 17 de Setembro de 2018.
Prácticas colusorias. Obrigas de comunicación e mecanismos de detección destas prácticas. Exemplos.

Carlos Balmisa García Serrano, director Departamento de Control INterno na CNMC
  •  
    •   Video
    •   Audio

SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212