A EGAP inicia o prazo de matrícula para actividades formativas dirixidas ao persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia. Esta convocatoria está aberta a todos os empregados e empregadas que se atopen en situación de servizo activo ou en excedencia por coidado dun fillo ou dun familiar.
Cómpre lembrar que o número máximo de cursos que se poden presentar nesta convocatoria limítase a cinco e que deses cinco soamente tres poden pertencer á área de procesos de traballo.
O prazo de matrícula rematará o día 23 de maio ás 14.00 horas. Ata ese momento pódense presentar as solicitudes a través da zona de matrícula da EGAP (https://egap.xunta.gal/matricula).
Convocatoria |