Actualización temarios Lei 20/2011
Temarios / Luns, 21 de Novembro de 2011.
Actualización de temarios A1 e A2.
Achégase a modificación dos temarios do Subgrupo A1 - Escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos e do Subgrupo A2 - Escala de arquitectos técnicos, segundo as notas aclaratorias sobre as normas de dereito positivo obxecto do primeiro exercicio, publicadas o 26 de decembro pola Dirección Xeral de Función Pública.
A modificación afecta ao apartado 7 da parte xeral dos dous temarios: o Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público. Dita norma aínda non se publicou no suplemento en galego do BOE, polo que só se pode consultar en castelán.
Os temarios poden consultarse no apartado de Publicacións e biblioteca.