A EGAP publica no DOG do luns 5 de decembro de 2011 a resolución pola que se convocan 1.000 prazas para probas de avaliación libres para as actividades do Plan formativo ofimático de Galicia.Mediante estas probas o alumnado poderá acreditar os coñecementos dunha determinada materia ofimática sen necesidade de realizar o curso correspondente.
O prazo de matrícula comeza ás 8 horas do día 5 de decembro e remata ás 13 horas do 16 de decembro. O número máximo de cursos que se poden pedir nesta convocatoria é de tres.
Os exames terán lugar en Santiago de Compostela, na Escola Galega de Administración Pública, os días 23, 24, 25 e 26 de xaneiro de 2012, desde as 9 ás 15 horas e das 16.30 ás 20.30 horas. Cada exame terá unha duración de dúas horas e estará formado por 30 preguntas tipo test que farán referencia ás versións Microsoft Office 2010, OpenOffice.org 3.2.1, Windows 7 ou Ubuntu 10.04. Para superalo será preciso responder correctamente a un 70% das preguntas.
Despois de publicar as listaxes provisionais de admitidos a estas probas o prazo de renuncia será de 5 días hábiles e unha vez que se publiquen as definitivas só se poderá renunciar en 5 días hábiles.
Prema aquí para consultar a resolución. |