O temario para a avaliación será o descrito no módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» (190 horas) do Repertorio Nacional de certificados de profesionalidade, asociado á unidade de competencia UC0233_2 «Manexar aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación» do Catálogo Nacional de Cualificacións.
As capacidades e criterios de avaliación do dito módulo formativo pódense consultar no Real Decreto 645/2011, do 9 de maio, polo que se establecen cinco certificados de profesionalidade da familia profesional Administración e xestión que se inclúen no Repertorio Nacional de certificados de profesionalidade e se actualizan os certificados de profesionalidade establecidos no Real Decreto 1210/2009, do 17 de xullo (BOE núm.136, do 8 de xuño de 2011, páxinas 56456 á 56474).
Prema aquí para consultar o temario |