Os cursos van dirixidos aos empregados públicos e ás empregadas públicas destinados na Administración local de Galicia e que se atopen en situación de servizo activo ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar. Toda persoa solicitante que ao inicio do curso estea en situación de baixa laboral por incapacidade temporal quedará automaticamente excluída da listaxe do persoal seleccionado.
Modalidade: Teleformación
Número de prazas: 210 (30 por curso)
Datas dos cursos: do 17 de setembro ao 24 de novembro
Data dos exames: 24 de novembro
Matrícula: egap.xunta.gal/matricula
Prazo de matrícula: ata o 20 de xuño ás 14 horas
Máis información:
Medio de linguaxe administrativa Galega
Superior de linguaxe administrativa galega