Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Máster oficial online en Dirección pública e liderado institucional

    Cursos / Luns, 9 de Xullo de 2012.

    A universidade de Vigo, en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública (EGAP), pon en marcha o Máster oficial en Dirección pública e liderado institucional, centrado no desenvolvemento de competencias directivas e destinado aos empregados públicos dos grupos A1 e A2 de todas as administracións públicas galegas (incluídas a local e a universitaria).


    Este máster pretende ser unha ferramenta eficaz para mellorar a formación e potenciar a formación dos empregados públicos ou daquelas persoas que aspiren a desenvolver a súa carreira profesional nas institucións públicas.

    O propósito desta actividade formativa é proporcionar unha formación online avanzada, de carácter multidisciplinar no ámbito da dirección e xestión pública que capacite ao alumnado para acadar un alto nivel de especialización neste eido e incluso continuar co programa de doutoramento.

    Duración: 3 semestres, 90 ECTS
    Modalidade: teleformación
    Prazo de inscrición: terá lugar a finais do mes de agosto, e será anunciado na páxina web http://www.masterdireccionyliderazgo.com
    Matrícula: http://www.uvigo.es/uvigo_gl/administracion/alumnado/matricula2012
    Mais información: xmahou@uvigo.es, 986 802 031 e @MASTERDPyLI (Twitter)
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 66 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212