Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Cambio do lugar de celebración das xornadas sobre a problemática actual do urbanismo

    A Escola / Xoves, 14 de Marzo de 2013.

    Por circunstancias alleas á Escola, a EGAP vese obrigada a trasladar o lugar de realización destas xornadas ao seguinte enderezo: Salón de actos do Pazo da Cultura, Rúa Alexandre Bóveda S/N Pontevedra. Os horarios non sufrirán variacións.


    A Escola Galega de Administración Pública, dentro do seu plan de actividades para o ano 2013, convoca as Xornadas sobre a problemática actual do urbanismo en Galicia. A disciplina urbanística, en colaboración co Colexio Territorial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local de Pontevedra (Cosital Pontevedra) e coa Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU).

    A finalidade desta actividade divulgativa é, principalmente, afondar naqueles aspectos prácticos e controvertidos que suscita a aplicación da normativa vixente no eido da disciplina urbanística, aplicación que implica unha extraordinaria transcendencia social, económica e ambiental, especialmente na nosa Comunidade Autónoma.

    Lugar: Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, r/ Fernández Ladreda, 43, Pontevedra
    Datas: 14 e 15 de marzo de 2013
    Horario: 14 de marzo: tarde, 15 de marzo: mañá e tarde
    Duración: 12 horas lectivas
    Solicitudes: enviar o anexo da convocatoria por fax (981 546 330) ou por correo electrónico (novas.egap@xunta.gal).
    Cota de inscrición: 20 euros (excepto para os solicitantes colexiados do Colexio Territorial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local de Pontevedra e para os empregados públicos da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística).
    Prazo de presentación de solicitudes: ata o 12 de marzo

    Estas xornadas van destinadas principalmente a funcionarios das diferentes administracións públicas que asuman funcións no eido da disciplina urbanística; preferentemente, funcionarios da Administración local con habilitación de carácter estatal; empregados públicos da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística e funcionarios das subescalas técnica e de xestión de Administración xeral dos concellos; xuíces, fiscais, avogados e docentes ou investigadores universitarios nesta materia; funcionarios con competencias técnicas neste campo: arquitectos, arquitectos técnicos e enxeñeiros; interesados en xeral.
  • Recursos
  •   Convocatoria en castelán  
  •   Convocatoria galego  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 124 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212