Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP organiza unhas xornadas sobre a crise e a reestruturación financeira

    A Escola / Xoves, 7 de Marzo de 2013.

    A Escola Galega de Administración Pública pon en marcha unhas xornadas nas que se analizarán as consecuencias financeiras, económicas e sociais da actual crise. Nelas, levarase a cabo un debate de ideas sobre o núcleo desta situación, co obxecto de mellorar a comprensión non só das dificultades financeiras, senón tamén dos problemas institucionais que implica.


    Durante dous días trataranse temas tan actuais como a globalización financeira, a prevención de futuras crises, a protección dos investidores, a supervisión, os principios de Basilea, os mecanismos da UE, ou as políticas monetarias e orzamentarias.

    Destinatarios: Persoal ao servizo da Administración pública galega, en especial aquelas persoas relacionadas cos sectores financeiro e económico, empresarios e interesados en xeral.
    Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Santiago de Compostela
    Datas e horario: 14 e 15 de marzo de 2013 (o 14 de marzo das 16.00 ás 20.00 horas, e o 15 de marzo das 10.00 ás 14.30 horas)
    Duración: 7 horas lectivas
    Solicitudes: encher o anexo da convocatoria e envialo por rexistro, por fax (981 546 330) ou por correo electrónico (novas.egap@xunta.gal)
    Prazo de presentación de solicitudes: 12 de marzo de 2013
    Máis información: Xornadas sobre Crise e Reestruturación Financeira
  • Recursos
  •   Convocatoria galego  
  •   Convocatoria castelán  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 126 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212