A EGAP abre o prazo de matrícula dos cursos de linguaxe administrativa galega
Cursos / Luns, 11 de Marzo de 2013.
A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca os cursos de linguaxe administrativa galega, nivel medio e superior, para o persoal da Administración autonómica de Galicia.
Edicións: do nivel medio 11 en teleformación e 4 presenciais, e do nivel superior 12 en teleformación e 6 presenciais
Número de prazas: 30 por edición
Destinatarios: empregados públicos destinados na Administración autonómica de Galicia
Presentación de solicitudes:
egap.xunta.gal/matricula
Prazo de matrícula: desde as 8 horas do 12 de marzo ata as 14 horas do 22 de marzo
Número máximo de solicitudes: unha
Xunto co formulario de solicitude presentarase a validación ou certificación acreditativa de ter superado o nivel de coñecemento do idioma galego para poder ser admitido no curso que solicita (de acordo co especificado no punto 2.b e c da convocatoria).