Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP convoca un curso Monográfico sobre retos e perspectivas do emprego público nun contexto de crise

    A Escola / Mércores, 20 de Marzo de 2013.

    Dentro do plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública para o ano 2013 convócase o Curso monográfico sobre os retos e as perspectivas do emprego público nun contexto de crise. Esta actividade ten como finalidade analizar a incidencia das medidas estatais contra a crise na Función pública desde unha perspectiva non só económica, senón tamén estrutural.


    Nesta liña, algúns dos máis prestixiosos especialistas na materia tentarán suscitar o debate para albiscar que función pública sairá desta crise e, polo tanto, para dar resposta a preguntas claves nas circunstancias actuais como se hai demasiados funcionarios, se é lexítimo o recorte dos seus salarios ou se o seu rendemento é susceptible de control.

    Destinatarios: O persoal ao servizo das administracións galegas, os profesionais, os universitarios e interesados en xeral.
    Lugar: Escola Galega de Administración Pública, Santiago de Compostela
    Datas: 3, 4 e 5 de abril
    Horario: o 3 de abril de 16.30h a 19.30h; o 4 de abril de 10.00h a 14.15h e de 17.00h a 19.30h; e o 5 de abril de 9.30h a 14.00h.
    Duración: 15 horas lectivas
    Solicitudes: enviar o anexo da convocatoria por rexistro, fax (981 546 330) ou correo electrónico (novas.egap@xunta.gal)
    Prazo de presentación de solicitudes: ata o 2 de abril
    Máis información: http://egap.xunta.gal/fichaxornada/index/6741
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 133 de 1208
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212