Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Abre o prazo de envío de obras para participar na IX Mostra colectiva das artes e das letras

    A Escola / Martes, 23 de Abril de 2013.

    A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Asociación Galega de Arte e Cultura (Agaec), pon en marcha un ano máis a Mostra colectiva das artes e das letras dos empregados da Administración autonómica galega, que no 2013 celebra a súa IX edición.


    Poden participar nesta iniciativa todos os empregados públicos da Administración xeral da Xunta de Galicia que desexen inscribirse, sexa cal for o seu vínculo, centro e localidade onde presten os seus servizos.

    As modalidades admitidas inclúen pintura, escultura, fotografía, gravado, colaxe, debuxo, cerámica, tapiz, vídeo e calquera outra especialidade artística que implique a utilización de novas tecnoloxías ou materiais, maquetas, origami (papiroflexia) e creacións literarias (poesía, prosa poética, ensaio, teatro, conto, relato curto...) sempre que a extensión máxima non supere os tres folios.

    Cada participante poderá presentar unha obra por modalidade artística. Para iso deberá enviar a solicitude asinada que aparece no anexo desta nova ao enderezo agaec2004@yahoo.es xunto cunha fotografía dos traballos que presenta en formato JPG, cunha resolución mínima de 300px ou ben, no apartado literario, un texto, escrito en galego (facer constar se se desexa expor un fragmento na sala de exposicións). O prazo de entrega rematará o 30 de abril.

    A data límite para entregar os materiais na EGAP remata o 13 de maio. Deben dirixirse a Seguridade ou preguntar polo Sr. Escribano.
  • Recursos
  •   Letras Galegas 2013  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 145 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212