Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A secretaria xeral de Igualdade e a directora da EGAP inauguran o XIV Foro Galego de Educación en Igualdade

    A Escola / Venres, 26 de Abril de 2013.

    A secretaria xeral de Igualdade participou hoxe na inauguración do XIV Foro Galego de Educación en Igualdade, xunto á directora da EGAP Sonia Rodríguez-Campos González.


    Segundo destacou Susana López Abella, xa na Declaración das Nacións Unidas de Beijing e na Plataforma para a Acción na Política Xeral de 1995 se animaba aos homes a participar no fomento da igualdade de xénero, mediante o impulso de programas educativos dirixidos a revisar os estereotipos de xénero e a promocionar a ética do coidado e a corresponsabilidade doméstica como estratexia para potenciar o cambio sociocultural que permita unha participación equitativa de mulleres e homes na sociedade.

    Ademais, o documento “Os homes e a igualdade de xénero”, aprobado polo Consello da Unión Europea en decembro de 2006, establece que para mellorar a situación das mulleres e fomentar a igualdade de xénero se debe ter en conta a implicación dos homes e o impacto positivo que a igualdade ten sobre eles e sobre o benestar da sociedade no seu conxunto.

    O goberno galego ten o compromiso de incluír aos homes nas políticas de igualdade, como demostra o feito de que dende o ano 2009 estanse a desenvolver iniciativas como Eles Tamén, destinada á poboación masculina, e de que esta é a perspectiva que se recolle no recentemente aprobado VI Plan galego para a igualdade de mulleres e homes. Polo que neste sentido a acción no ámbito educativo é fundamental polo importante papel que xoga a escola na socialización dos nosos nenos e nenas, mozos e mozas.

    Por iso é preciso que as prácticas pedagóxicas presten tamén atención aos métodos e instrumentos educativos que melloran a capacidade e as posibilidades dos nenos e dos mozos dende o punto de vista da igualdade.

    Pola súa banda, a directora da Escola Galega de Administración Pública, destacou a importancia da educación en igualdade, dende a e a escola, coidando do aprendizaxe formal e incidental, coma obxectivo prioritario, tendo en conta que o progreso e o benestar da sociedade dependen dela.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 148 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212