Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A Escola convoca un curso monográfico para debater sobre a situación actual do estado das autonomías

    A Escola / Martes, 4 de Xuño de 2013.

    A Escola Galega de Administración Pública pon en marcha un curso monográfico destinado a analizar a situación actual e as perspectivas do modelo territorial previsto na Constitución española, as reformas posibles para garantir a súa sustentabilidade nun contexto de crise e a coherencia destas coas previsións do devandito texto constitucional. Nesta liña, a dita actividade pretende ademais suscitar o oportuno debate acerca dos retos actuais e futuros do Estado das autonomías nun escenario no que a Unión Europea avanza no fortalecemento da súa gobernanza.


    Durante tres xornadas debaterase ao redor dos seguintes temas: a redución do gasto público e xestión do recorte na Administración autonómica, o federalismo e nacionalismo, o déficit e endebedamento no sistema de financiamento autonómico, a unidade xurídica e económica como exixencia e garantía dun Estado autonómico sustentable, a asimetría ou simetría no Estado autonómico.

    Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Santiago de Compostela
    Datas: 19, 20 e 21 de xuño de 2013
    Duración: 15 horas
    Presentación de solicitudes: enviar o anexo da convocatoria por rexistro, fax (981 546 330) ou correo electrónico (novas.egap@xunta.gal)
    Prazo: ata o martes 18 de xuño
    Máis información: http://egap.xunta.gal/fichacurso/index/6888
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 162 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212