Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A Escola recibe a unha delegación chinesa que visita Galicia

    A Escola / Venres, 5 de Xullo de 2013.

    A directora, Sonia Rodríguez-Campos, recibiu esta mañá a unha delegación chinesa que asistiu na Escola Galega de Administración Pública a unha conferencia sobre o momento actual de China.


    A visita é froito das relacións de colaboración establecidas entre o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) e o China Center for Comtemporary World Studies, e está enmarcada nos contactos entre China e e España no marco do cuadraxésimo aniversario do establecemento de relacións diplomáticas.

    Durante este acto a directora da EGAP resaltou o interese do centro polas cuestións relacionadas co país asiático, xa que durante os últimos anos leváronse a cabo diversos cursos de iniciación á lingua chinesa e no ano 2011 tivo lugar na Escola un intercambio de experiencias cun grupo de investigadores e especialistas da Academia de Ciencias Sociais Chinesa.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 171 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212