Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    II Curso de actualidade xurídica de réxime local: a contratación pública local

    A Escola / Luns, 26 de Agosto de 2013.

    Grazas á sinatura dun convenio de colaboración, a Escola Galega de Administración Pública e o Colexio Territorial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local de Pontevedra poñen en marcha o II Curso de actualidade xurídica de réxime local: a contratación pública local.


    O obxectivo desta actividade é impartir unha formación de carácter eminentemente práctico para actualizar coñecementos sobre a contratación pública no ámbito local e, ao mesmo tempo, conseguir resolver os aspectos máis problemáticos que presenta este sector na realidade.

    Destinatarios: funcionarios da Administración local con habilitación de carácter estatal e funcionarios dos grupos A1 e A2, así como persoal laboral equivalente, ao servizo da Administración local.
    Duración: 28 horas
    Lugar: Deputación Provincial de Pontevedra, avenida Montero Ríos, s/n.
    Datas: do 16 ao 19 de setembro de 2013
    Horario: das 9.30 ás 14.30 horas e das 16.30 ás 20.30 horas
    Prazas: 120
    Prazo de matrícula: ata o 4 de setembro ás 14 horas
    Matrícula: egap.xunta.gal/matricula
    Máis información: CV13057
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 183 de 1208
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212