Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Nova convocatoria de actividades de autoformación

    A Escola / Martes, 25 de Marzo de 2014.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca no DOG do 25 de marzo o programa de autoformación para o persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, consolidando así a acción formativa iniciada o ano pasado e renovando os seus contidos formativos para incluír novos temas de interese.


    A autoformación oriéntase cara á adquisición de coñecementos e habilidades de xeito autónomo; con ela o participante asume un papel activo no proceso de aprendizaxe, a través do emprego das tecnoloxías da información e da comunicación, ao mesmo tempo que se lle ofrece a posibilidade de acreditar a súa competencia mediante unha proba voluntaria, que lle dá dereito a obter un certificado de equivalencia.

    O persoal da Administración autonómica galega que desexe participar no programa de autoformación dispón de dúas opcións, compatibles entre elas pero independentes unha da outra. Por unha banda pode acceder aos contidos das actividades sen máis trámite que o de inscribirse na zona de matrícula da EGAP e por outra pode solicitar presentarse ás probas de avaliación. Polo tanto, o acceso aos contidos non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación, nin é tampouco requisito para matricularse nelas.

    O acceso aos contidos

    En total, poranse en marcha dez cursos nos que calquera traballador da Administración autonómica se poderá matricular automaticamente desde o 26 de marzo ata o 30 de decembro. Así, cada persoa determinará libremente o número de actividades nas que queira inscribirse e o período durante o cal vai traballar na actividade ou actividades elixidas.

    O acceso a estes contidos non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación nin é tampouco requisito para matricularse nelas.

    As probas de avaliación

    Como parte deste programa, a EGAP ten previsto darlles a posibilidade aos alumnos de acreditar os seus coñecementos. A Escola convocará probas presenciais para poder conceder certificados de equivalencia. Para poder acceder a elas será preciso matricularse entre as 8 horas do 15 de setembro e as 14 horas do 30 de setembro.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 246 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212