Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP convoca actividades formativas para os empregados da Administración local

    A Escola / Xoves, 27 de Marzo de 2014.

    A Escola Galega de Administración Pública, segundo o aprobado no seu Consello Reitor, convoca dez actividades formativas destinadas ao persoal da Administración local de Galicia, publicadas no DOG do 27 de marzo.


    Poderán participar nestas accións formativas os empregados públicos e as empregadas públicas ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia, así como os funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos noutras administracións públicas de Galicia.

    Prazo de presentación de solicitudes: das 8 horas do 28 de marzo ás 14 horas do 6 de abril (dentro deste prazo os solicitantes deberán presentar na EGAP, xunto cunha copia do formulario de solicitude, un certificado expedido polo órgano responsable de persoal de que dependa a persoa solicitante que indique a súa situación administrativa e a antigüidade na Administración).

    Número máximo de solicitudes: cinco

    Matrícula: https://egap.xunta.gal/matricula
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 248 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212