Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A Escola presenta os resultados de satisfacción das actividades do ano 2013

    A Escola / Luns, 31 de Marzo de 2014.

    A análise de máis de 7000 enquisas, feitas tanto polo alumnado como polos docentes, amosa unha satisfacción xeneralizada e en aumento coa acción formativa da Escola Galega de Administración Pública nas distintas modalidades de ensino.


    Destas enquisas despréndese que o alumnado da EGAP valora moi positivamente a formación recibida, cun nivel medio de satisfacción de 4,35 (nunha escala do 1 ao 5), que o alumnado dos cursos presenciais está lixeiramente máis satisfeito coa formación cursada, que non existen diferenzas salientables entre os destinatarios por administración, que existe un elevado nivel de acordo entre o alumnado con que os cursos da EGAP melloran as súas competencias (niveis de acordo próximos ao 85%).

    A avaliación das actividades formativas

    A EGAP vén traballando nos últimos anos na consolidación do sistema de avaliación da formación, paralelamente a outras iniciativas de mellora, co propósito de coñecer os niveis reais de satisfacción do alumnado coas actividades e co labor docente.

    Grazas á información sistemática e permanente da que se dispón, é posible mellorar a programación e a xestión da formación durante o desenvolvemento das actividades, garantindo ademais unha maior adecuación ás expectativas do alumnado.

    Neste contexto, a EGAP presenta o informe de resultados da satisfacción coa acción formativa de 2013, que constitúe o documento no que se sintetizan os principais resultados obtidos. O dito informe é o froito da análise de 7.172 enquisas de satisfacción do alumnado, nas modalidades presencial e teleformación, así como das 396 enquisas dos docentes.

    No documento, dispoñible na sección de Calidade da web da EGAP, preséntase, dun xeito estruturado e gráfico, os principais resultados acadados, o cal lle permite á Escola achegar ideas e conclusións para a mellora a súa actividade formativa, así como adaptar a programación dos cursos ás expectativas dos participantes.

    Trátase do cuarto informe anual que a EGAP fai público, co obxectivo de favorecer a transparencia e a rendición de contas ante os empregados públicos e a cidadanía no seu conxunto.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 250 de 1207
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212