Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7   Imagen 2 de 7  

    A EGAP inicia un curso para formar especialistas en materia de expropiación forzosa

    A Escola / Martes, 3 de Xuño de 2014.

    Agustín Hernández destacou o bo ritmo de traballo do Xurado de Expropiación de Galicia, que desde o ano 2009 levou a cabo 25.838 resolucións de prezo xusto e que conta cunha previsión de 5000 expedientes resoltos durante 2014


    O conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, o presidente do Xurado de Expropiación de Galicia; Juan Carlos Argüello, e a directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos, inauguraron esta tarde na sede da EGAP o Curso sobre procedemento expropiatorio: criterios e métodos de valoración empregados polo Xurado de Expropiación de Galicia.

    Durante o acto de apertura, o conselleiro de Medio Ambiente fixo fincapé nos matices e novas perspectivas que introduce o novo regulamento da Lei do solo nos métodos de valoración, os cales serán analizados e estudados durante esta actividade formativa. Ademais, resaltou a importante labor que está a levar a cabo o Xurado de Expropiación de Galicia, que desde o ano 2012 ata a actualidade conseguiu reducir o prazo de resolución de ano e medio a catro meses.

    Por outra parte, a directora da EGAP subliñou a importancia e actualidade desta actividade ao reflectir a importancia da expropiación como instituto clásico do Dereito administrativo, destacando a súa función na actividade das administracións públicas, en constante revisión pola doutrina para darlle solucións aos moitos problemas que ofrece na práctica.

    Así mesmo, Sonia Rodríguez-Campos, aproveitou a ocasión para destacar a labor da Escola como centro oficial de docencia, de investigación e de divulgación de todas aquelas materias de interese para o persoal ao servizo da Xunta de Galicia, doutras Administracións galegas e da sociedade en xeral, constituíndose como un instrumento de primeira orde para a profesionalización da Función Pública.

    Curso sobre procedemento expropiatorio

    Neste curso de 64 horas, que se inicia hoxe e se prolongará ata decembro, afondarase no ámbito da determinación e valoración do xustiprezo expropiatorio, fundamentalmente nos métodos de valoración do solo, e na valoración de bens e dereitos expropiados, dende a experiencia e conforme aos criterios seguidos polo Xurado de Expropiación de Galicia.

    Con este curso os participantes percibirán unha visión práctica e realista da complexidade das actuacións en materia de expropiación da Xunta e dos municipios de Galicia e tamén servirá de marco para analizar cuestións de actualidade neste campo, tanto de forma individual como en grupo. Así, dotarase a cada participante do perfil profesional idóneo para que as empresas e particulares interesados dispoñan de especialistas no ámbito da expropiación forzosa.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 271 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212