Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso sobre as novas instrucións da contabilidade pública local

    A Escola / Venres, 27 de Xuño de 2014.

    Grazas ao convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e o Colexio Territorial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local de Pontevedra para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, convócase o Curso sobre as novas instrucións da contabilidade pública local. Este ten como finalidade dar a coñecer as novidades máis relevantes que incorporan as novas instrucións de contabilidade pública local, con especial referencia ao modelo normal.


    Destinatarios: Interventores, tesoureiros, secretarios-interventores, empregados públicos dos grupos A1 ou A2 e persoal laboral asimilado da Administración local de Galicia, con competencias en materia contable, que se atopan en situación de servizo activo, incapacidade temporal por maternidade ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar e que reúnan os requisitos establecidos na presente convocatoria.
    Modalidade: presencial
    Duración: 22,5 horas
    Lugar: Deputación Provincial de Pontevedra, avenida Montero Ríos, s/n
    Datas: 8, 9, 10 e 11 de setembro de 2014
    Horario: día 8 (9.00-14.00 h, 16.30-19.00 h), día 9 (9.30-14.00h, 16.30-19.30h), día 10 (16.00-20.00 h) e día 11 (16.30-20.00 h)
    Prazas: 40
    Matrícula: desde as 8.00 horas do 27 de xuño ata as 14.00 horas do 12 de xullo a través do enderezo https://egap.xunta.gal/matricula
    Máis información: CV14033
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 276 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212