Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso monográfico sobre Transparencia, goberno aberto e Administración Pública

    Cursos / Martes, 4 de Novembro de 2014.

    A Escola Galega de Administración Pública e o Valedor do Pobo celebrarán os días 13 e 14 de novembro un curso monográfico que terá como finalidade o estudo e análise da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno e a súa implementación nas Administracións públicas.


    Esta actividade vai destinada aos empregados das Administracións públicas de Galicia, ao persoal ao servizo da Administración institucional e a interesados en xeral.

    Neste curso falarase de quen debe controlar a transparencia, do acceso aos documentos administrativos, da simplicación das institucións políticas e administrativas ou do presente e futuro da transparencia, entre outros temas.

    Datas: 13 e 14 de novembro
    Horario: día 13 mañá e tarde, día 14 mañá
    Lugar: Escola Galega de Administración Pública, Santiago de Compostela
    Inscrición: en http://egap.xunta.gal/matricula ata o 12 de novembro ás 12 horas
    Máis información: http://egap.xunta.gal/fichaxornada/index/8063 
  • Recursos
  •   Convocatoria DOG galego  
  •   Convocatoria DOG castelán  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 303 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212