En virtude do convenio de colaboración asinado entre o Centro Informático de Xestión Tributaria, Económico-financeira e Contable e a Escola Galega de Administración Pública ponse en marcha un curso sobre xestión dos sistemas de almacenamento.
Esta actividade vai dirixida ao persoal do CIXTEC, preferentemente aos departamentos relacionados coa xestión de sistemas de almacenamento.
O prazo de inscrición estará aberto desde as 8 horas do 6 de abril ata as 14 horas do 10 de abril en
http://egap.xunta.gal/matricula
Código: CV15014
Duración: 20 horas
Prazas: 15
Modalidade: presencial
Datas: 20, 21, 23, 27 e 28 de abril de 2015
Horario: de 16:00 a 20:00
Lugar: CIXTEC en Santiago de Compostela
Para máis información: 981 546 257 e 981 546 335 ou
xestion.egap@xunta.gal