Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP publica dous novos números das súas revistas

    Publicacións / Mércores, 2 de Setembro de 2015.

    A Escola Galega de Administración Pública sube á rede o número 48 da Revista Galega de Administración Pública (Regap) e o número 2 do noveno volume da Revista da Escola Galega de Administración Pública administración & cidadanía.


    Asi, a nova edición da Regap aborda temas como a valoración do patrimonio cultural, a disciplina da execución administrativa en Italia, o procedemento antidumping en México ou a reforma da Administración local en España, entre moitos outros. Por outra banda, o novo número da Revista da Escola Galega de Administración Pública administración & cidadanía é un monográfico no que se analiza, mediante artigos e unha recensión final, a planificación estratéxica na Administración autonómica e nas administracións locais de Galicia.


    A través destas publicacións a EGAP pretende achegar a contribución dos máximos e máis destacados especialistas en materias como o dereito administrativo, as novas tecnoloxías, os retos da Administración no século XXI, o estatuto dos empregados públicos ou a ordenación do territorio e o medio. En especial, pretende reservar un espazo destacado á Administración local, aos seus funcionarios, ao réxime xurídico destas administracións e a problemas que lle afectan directamente como a súa articulación territorial, financiamento, réxime xurídico dos seus bens, urbanismo, etc. Os principais destinatarios destas dúas revistas son os empregados públicos e os profesionais do sector privado que desenvolven as súas actividades no eido do Dereito.

    A descarga é libre e gratuíta a través da páxina web da Escola
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 385 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212