Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso de conservación e explotación de estradas para legoeiros

    Cursos / Xoves, 15 de Outubro de 2015.

    A través do convenio de colaboración asinado o 2 de xaneiro de 2015 entre a Escola Galega de Administración Pública e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a EGAP convoca o curso Conservación e explotación de estradas.


    Esta actividade ten como obxectivo formar en materia de vixilancia de obra nova e de conservación contratada pola Axencia Galega de Infraestruturas (AGI), así como labores de explotación de estradas (vixilancia do dominio público de estradas, etc.).

    Vai dirixida ao persoal laboral e estatutario (legoeiros do Estado) da AGI coa categoría de legoeiro que se atope en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento, excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar e reúna os requisitos establecidos na presente convocatoria. No caso de non cubrirse as prazas con este persoal, poderá entrar persoal da AGI doutras categorías.

    Modalidade: presencial
    Duración: 30 horas
    Datas: 3, 5, 10, 12, 19, 24 e 26 de novembro e 1, 2 e 3 de decembro de 2015
    Horario: das 17.00 ás 20.00 horas
    Prazas: 40
    Matrícula: en http://egap.xunta.gal/matricula desde as 8 horas do 16 de outubro ata as 14 horas do 23 de outubro
    Máis información no DOG do 15 de outubro e na ficha do curso
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 406 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212